O BNG da Pobra presentou unha moción para o seu debate no próximo pleno na que solicitan que se dote ó cine Elma de material necesario para realizar proxeccións de películas, como pantalla, proxector e equipo de son. Piden así mesmo que se soliciten doutras administracións as subvencións necesarias para esta dotación.
Dende o BNG queren ademais aproveitar esta infraestructura para proxectar no cine Elma cine non comercial, animando ós mozos da vila a facer producción propia.