Deputación Da Coruña

A Deputación da Coruña destina 1,2 millóns de euros para financiar a limpeza de praias e a contratación de socorristas en piscinas e praias fluviais da provincia

A Deputación da Coruña ven de convocar os programas de limpeza de praias e contratación de socorristas destinados aos concellos da provincia e dotados con 1,2 millóns de euros.

Ambos programas teñen criterios de asignación obxectivos e transparentes, que permitirán aos concellos facer de antemán un cálculo moi aproximado do que lles corresponderá. Ademáis de contribuir á mellora da imaxe das máis de 360 praias coruñesas de cara á tempada estival e ao incremento da seguridade das piscinas municipais, estes programas axudarán tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que ao seu cargo contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas.

O programa de limpieza de praias, destinado aos concellos costeiros da provincia, está dotado cun orzamento de 900.000 euros.

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2016. O importe máximo que poderá recibir cada concello solicitante a través deste programa ascende a 33.840 euros e o mínimo a 6.768 euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.