A Xunta destina máis de 11 millóns de euros a renovar o parque de vehículos antiincendios con 57 novas motobombas que estarán á disposición de varios concellos e distritos forestais

A poucos meses de que sexa presentado o Plan de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia correspondente a este ano (Pladiga 2016), o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a posta á disposición de varios concellos de Galicia e dos diferentes distritos forestais dun total de 57 vehículos motobomba que supuxeron un investimento de máis de 11 millóns de euros.

Durante o acto de entrega destes vehículos, Feijóo precisou que son un total de 14 motobombas as cedidas a diversos municipios.
A prevención, un compoñente fundamental na loita contra os lumes
Ao longo da súa intervención, Feijóo reafirmou o compromiso do Goberno galego na loita contra os lumes forestais e incidiu en que nesa loita hai un compoñente fundamental: a prevención. Neste contexto, o titular da Xunta destacou e agradeceu o traballo que cada ano desenvolven as 7.000 persoas que participan no dispositivo antiincendios.
Así mesmo, Feijóo fixo fincapé en que a loita contra os lumes forestais e a súa erradicación “é algo que nos compete a todos”: á Administración, fomentando a revalorización do monte e poñendo os medios e os recursos precisos para mellorar a súa conservación e facer fronte a calquera alerta de incendio forestal; aos propietarios e comuneiros, implicándose no mantemento e na limpeza dos montes; e á cidadanía en xeral, “sendo conscientes de que destruír o noso patrimonio ambiental é destruír o futuro de Galicia”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.