A mancomunidade de municipios Arousa Norte vén de presentar o proxecto Cruceiros Costeiros de Galicia, que comezará a funcionar o vindeiro día 15 de abril.
Esta oferta turística ten como obxectivo principal abrir o mar, as rías e ríos e a poboación en xeral ao navegante en particular, ofrecendo unha nova forma de descubrir a nosa comunidade autónoma.
Juan José Dieste explicou algúns dos obxectivos con que nace este proxecto.