Oito imputados e seis arrestados están confirmados na investigación a Vidal armadores
A Audiencia Nacional, que instrúe esta causa no seu Xulgado de Instrución número 3 e ordenou o segredo das actuacións, ten previsto tomar declaración hoxe aos arrestados no marco da operación Yuyus, ademais da outros imputados. A xuíza Carmen Lamela será a encargada de tomarlles declaración.
Entre a media ducia de arrestados figuran cinco membros da familia Vidal. Trátase do patriarca, Antonio Vidal Suárez, Tucho o Coyo, e os seus tres fillos, Toño, Anxo e Belén. A esta lista habería que engadir, segundo algunhas fontes, ao xenro de Tucho, Joaquín Manuel Pérez Mariño, e a unha sexta persoa vinculada laboralmente a Vidal Armadores que exercería unha actividade de contabilidade. Os outros investigados (termo que na última reforma do Código Penal substituíu ao de imputado) serían Manuela Pego Sampedro, esposa de Tucho o Coyo, e Ramón Vicente Serafín Vidal, traballador deste grupo empresarial fincado en Ribeira.
https://www.youtube.com/watch?v=uJ-m353YuS8