O obradoiro de elaboración das Directrices da Paisaxe que está promovendo a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio chegará mañá a Boiro. Este taller comezará ás 18,30 horas no Centro Social, ubicado na rúa Principal s/n, 1º andar.
Esta actividade forma parte dos 50 talleres públicos que o departamento autonómico organiza en toda Galicia, un por cada unha das 50 comarcas paisaxísticas nas que se divide o noso territorio. Esta distribución pretende garantir unha maior equidade espacial no proceso de participación, facilitando á poboación de todos os ámbitos territoriais o acceso a este proceso dun xeito presencial.