A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, visitou hoxe a confraría de Muros e mantivo unha xuntanza de traballo cos seus representantes para coñecer de primeira man as súas necesidades e inquedanzas, aclarar dúbidas relacionadas coa súa actividade e buscar o mellor xeito de atendelas.
A Xunta e a confraría de pescadores de Muros avalían as necesidades do sector da súa zona

