Debido á presenza dunha masa de aire moi fría, as baixas temperaturas acadadas na primeira quincena, marcaron o mes. O valor medio das temperaturas máximas foi de 9.4 ºC, acadándose os valores máis altos no interior da península do Morrazo, con valores próximos aos 14 ºC.
En relaciónás precipitacións, estas foron un 37% superior ao valor climático normal; polo que o primeiro mes do ano se considera húmido. O mes de xaneiro estivo caracterizado polo paso de cinco borrascas, Filomena (día 9), Gaetán (19), Hortense (21), Ignacio (23) e Justine (29), que deixaron precipitacións acumuladas -incluso en forma de neve en cotas baixas- por un valor medio de 234L/m2 no conxunto da Comunidade.
A Comunidade galega viviu un mes de xaneiro moi frío e húmido

