A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha nova xuntanza por videoconferencia cos integrantes da mesa do Diálogo Social de Galicia (Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), UXT e CC.OO) na que propuxo para incluír no Pacto de Estado contra a violencia de xénero novas medidas para apoiar e garantir o acceso ao mercado de traballo das mulleres que sofren violencia machista.
