A XUNTA aprobará un programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que este ano o Goberno galego aprobará por primeira vez un programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero. “Trátase dun programa que pretende ser unha vía de acceso ao mercado laboral para quen poida sentir que ten todas as portas pechadas”, dixo, durante o acto institucional con motivo do Día Internacional da Muller, baixo o lema Con mulleres hai Galicia, hai ilusión, hai tenacidade, hai ideas, hai capacidade, hai identidade, hai paixón.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.