Os cursos de Certificados de Profesionalidade para desempregados impartiranse en centros da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. No acordo recóllense 111 cursos: 52 na provincia da Coruña, 22 en Lugo, 11 en Ourense e 22 en Pontevedra. A formación diríxese a persoas inscritas como demandantes de emprego ou que formen parte do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
A Xunta de Galicia investirá 4,6m€ en 111 cursos de formación para persoas desempregadas nos centros educativos de FP

