O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, entregou varias tendas de campaña aos concellos beneficiados pola orde de axudas do Goberno galego para equipamentos de emerxencias para Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) dotada con 932.400 euros.
Trenor entregou as tendas de campaña para emerxencias a 19 agrupacións de protección civil da provincia.

