Icono del sitio CanalBarbanza.com

Chega a CARNOTA A IV CARREIRA VIKINGA

A carreira vikinga é xa un clásico Trail do noso Concello. Este ano disputarase a cuarta edición o domingo 27 ás 10:30 h.
Todos/as aos que lle guste o deporte e a montaña teñen que participar. De 4 anos en diante os corredores gozarán dun paraxe natural incomparable, de tramos complicados, de pasos por cortafogos, de fontes naturais, etc. A categoría absoluta percorrerá 18 km, mentres que os máis pequechos farán 2km (Cativos 2), 1km (cativos 1) e 300 m (Pitufos).
Todos eles/as levarán cadansúa camiseta conmemorativa da carreira, o avituallamento preciso e disporán de duchas no pavillón.
Tamén haberá trofeos/medallas para os tres primeiros clasificados/as da categoría absoluta, para o 1º Carnotán e medallas para todos os participantes das categorías base.

Salir de la versión móvil