¡ os alumnos máis pequenos do conservatorio (alumnos do 1º curso do grao elemental, a maioría deles con 8 anos) fixeron o seu debut enriba dun escenario. no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Riveira.
Doutro lado, cómpre lembrar que este pasado fin de semana tiveron lugar os concertos da Aula Galega de Saxofón no Conservatorio Municipal. Alumnos de diferentes puntos da xeografía galega como Vigo, Tomiño, Pontevedra, Vila de Cruces, Bueu, A Estrada, Boqueixón, Rianxo, Marín, Santiago, Cambados…. e Riveira puxeron enriba do escenario o seu bo facer co saxofón e os coñecementos que co mestre Rodrigo Vila veñen traballando nas clases mensuais dende outubro.
En ditos concertos os alumnos foron acompañados polo prestixioso pianista Stéfanos Spanopoulos (que é profesor nos conservatorios superiores en Valencia e Salamanca).
https://www.youtube.com/watch?v=usrdDqhsiS8