A ASAMBLEA COMARCAL DO BNG escollerá mañá o novo consello para poñer en práctica os acordos adoptados na coruña o pasado 28 de febreiro

Para este venres día 4 de marzo, está previsto que se celebre na Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos” de Noia a Asemblea Comarcal do BNG que escollerá a un novo Consello Comarcal, encargado de guiar á organización neste período así coma a de por en marcha as teses aprobadas no transcurso da XV Asemblea Nacional celebrada o pasado domingo na cidade de A Coruña.

Un dos obxectivos marcados é o da refundación do BNG, unha iniciativa aberta, de debate democrático, amplo e profundo, e que coa participación directa das bases formúlase coma ferramenta participativa para a reformulación e apertura dunha nova etapa do proxecto nacionalista.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.