Icono del sitio CanalBarbanza.com

Galicia pide unha estratexia común para defender os intereses da frota que faena no Gran Sol ante o acordo do brexit

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe por videoconferencia no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios que serve de preparación para o próximo Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea. Neste encontro Galicia demandou unha estratexia común para defender os intereses da frota que faena no Gran Sol nas futuras negociacións de posibilidades de pesca tanto no seo da UE como co Reino Unido.Neste sentido, hai que lembrar que para os tres primeiros meses deste ano nas poboacións de peixes compartidas co Reino Unido, como as das augas do Gran Sol, se estableceron unhas cotas estables e proporcionais ás fixadas para 2020 e as cotas para despois dese período deben determinarse neste primeiro trimestre previa negociación das partes.

Salir de la versión móvil