Icono del sitio CanalBarbanza.com

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente da Fundación, David Chipperfield, selaron hoxe este acordo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, selou esta mañá, xunto co presidente da Fundación RIA, David Chipperfield, un convenio por un investimento de 212.000 euros para impulsar actuacións de humanización en 5 travesías da estrada autonómica AC-305 na comarca da Barbanza.
Na reunión posterior á sinatura do acordo, na que tamén participaron o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e representantes da xunta directiva da Fundación RIA, Vázquez Mourelle explicou que con este novo convenio se dá continuidade á actual colaboración conxunta para a mellora da integración desta estrada AC-305 no entorno urbano de Palmeira, no concello de Ribeira, que está a servir como proxecto piloto de referencia, demostrativo e replicable para este tipo de actuacións urbanas.

Salir de la versión móvil