GALICIA pecha febreiro cunha redución do paro dun -8,65% con respecto a 2015 e acada un novo aumento das afiliacións

Galicia rexistrou en febreiro unha diminución do paro rexistrado con respecto a 2015 de 22.281 persoas desempregadas, o que supón un descendo do -8,65% na evolución interanual. Con respecto ao mes de xaneiro, o desemprego tamén descendeu nun 0,5% (-1.179 persoas).

A secretaria xeral de Emprego, Covando Toca, valorou hoxe estes datos afirmando que é o vixésimo oitavo descenso consecutivo interanual e o terceiro ano consecutivo no que se acada reducir o paro rexistrado nun mes de febreiro a nivel interanual. Así mesmo, destacou que é a segunda maior baixada interanual en termos absolutos de toda a serie histórica, isto é desde 1996, e a terceira en termos relativos. Grazas a esta evolución, Toca afirmou que “a nosa Comunidade sitúase a niveis de paro inferiores aos de hai 5 anos”, é dicir, a febreiro de 2011.

Con respecto ao Estado, Galicia presenta un mellor comportamento tanto en termos interanuais (baixa o paro en 0,69 puntos más que o Estado) como en relación co mes pasado.

https://www.youtube.com/watch?v=a9Y75ezXG7w

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.