A Patroa Das Augas Embeleza Corrubedo

En 3 días consecutivos honrouse á Virxe do Perpetuo Socorro, a Virxe do Cabo e a Virxe do Carme. Estes 3 días conformaron as Festas do Verán en Corrubedo, sempre a comezos de Agosto, aínda que a rebufo das de Santa Uxía. As xornadas festivas comezaron con alborada e pasarrúas a cargo dunha banda de música e de gaitas; ó longo das mañás celébrouse misa solemne cun coro; tra-la comida, varias actividades deportivas animaron as tardes e polas noites a verbena cunha coas orquestras amenizaron a pasada din de semana. O último día, o grande, tra-la misa de mediodía partiu a procesión marítima, que incluiu unha ofrenda mar adentro polos falecidos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.