BOIRO NOVO impulsa unha renda social municipal para as persoas necesitadas do concello

Boiro Novo trasladará ó pleno unha moción para impulsar a aprobación dunha ordenanza municipal que regule un paquete de medidas encamiñadas a erradicar as situacións de emerxencia social no Concello de Boiro. A exclusión social medra, a crise económica non remite e moitas persoas agotaron as prestacións contributivas por desemprego, os subsidios posteriores e que xunto coa dificultade de inserción laboral que sofren moitos boirenses provoca un incremento da pobreza e da exclusión social que non podemos permitir nunha sociedade avanzada.

Non podemos permitir que nin unha soa familia de Boiro pase fame, polo que propomos regular nesta nova normativa municipal un conxunto de medidas de inclusión social que inclúa como mínimo, axudas económicas para afrontar os gastos mínimos familiares de subsistencia, como a electricidade, calefacción, auga, o aloxamento e manutención básica. A través dunha Renda Social Municipal dirixida a atender as necesidades básicas das persoas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade ou exclusións social.

https://www.youtube.com/watch?v=8XHXmfwbJsQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.