A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que a Xunta investirá este ano 23,5 millóns de euros no reforzo do firme de 570 quilómetros de estradas, dos cales case 200 quilómetros serán travesías. Así o dixo durante a rolda de prensa que esta mañá ofreceu, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, para presentar esta liña de traballo, prevista no Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020, recentemente aprobado.
A conselleira destacou a relevancia do alcance desta programación, “tanto polo investimento como pola poboación á que benefician as melloras de firme que imos realizar en treitos urbanos das distintas estradas autonómicas”.
A XUNTA investirá 23,5 millóns no esforzo do firme de 570 quilómetros de estradas
Please login to join discussion