Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN licita obras de mellora na sede provincial de estradas por importe de máis de 16 millóns de euros

O deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial, o socialista José Manuel Pequeño, destacou “o importante ritmo inversor que, grazas a unha xestión eficaz dos recursos, está a levar a cabo a área de Vías e Obras da Deputación da Coruña dende a entrada, hai sete meses, do novo Goberno provincial presidido por Valentín González Formoso”.

A Deputación da Coruña licita actualmente obras de mellora e conservación na rede provincial de estradas por importe de 16.128.239,40 euros, que se correponden cun total de 15 obras noutros tantos concellos da provincia, ás que hai que sumar o Plan de Conservación de Estradas 2016, que ascende a 11,3 millóns de euros e que contempla a execución de distintos traballos de mellora do firme, rebacheo e limpeza de cunetas nos 2.105 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria provincial.

https://www.youtube.com/watch?v=tLAvePTM0eE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.