A CONSELLERÍA DO MAR axiliza os prodecementos de devolución de moluscos en casos de peches temporais de zonas de produción

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha orde que establece un procedemento áxil nos supostos de devolución de moluscos bivalvos ao viveiro ou lugar de orixe no caso dos lotes recollidos previamente ao peche temporal dunha zona de produción. Deste xeito, facilítase o proceso permitindo ao produtor proceder á devolución de moluscos co menor prexuízo económico posible e mantendo a imprescindible garantía de seguridade na cadea alimentaria.

A orde sinala que os moluscos bivalvos recollidos nesa zona de produción desde as 00:00 horas do día anterior ao peche temporal, poderán ser devoltos ao viveiro ou lugar de orixe cando o lote aínda non entrara no establecemento de destino ou, cando tendo entrado no establecemento de destino este confirmase a recepción a través dos medios telemáticos habilitados pola Consellería do Mar.

Nestes casos, a través desta orde, axilízase o proceso podendo facer a solicitude de devolución de moluscos por vía telemática e obtendo a autorización automaticamente a través dunha aplicación dispoñible en www.pescadegalicia.gal ou a través dos terminais TICPESC ubicados nos distintos portos galegos. Ata agora o procedemento era máis longo e facíase mediante resolución da dirección xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, baseada en informes previos da Consellería de Sanidade e do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR).

https://www.youtube.com/watch?v=3SSXe_OEt20

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.