A área de Turismo da Deputación da Coruña colabora co Concello de Outes na dinamización e promoción dos recursos turísticos do municipio e, en especial, na creación e posicionamento da marca «en Outes!». O orzamento da achega da Deputación ascende a 17.753,96 € que se destinarán á mellora da comunicación e o posicionamento do destino turístico.
A Deputación da Coruña colabora no plan de promoción turística do Concello de Outes.

