A garda civil de PORTO DO SON por fin contará co seu propio cuartel

Hai tempo que tanto o Concello sonense como a Garda Civil están buscando un inmoble para o novo posto do instituto armado neste municipio.

Trátase dunha edificación que está a escasos metros da casa consistorial e que, a día de hoxe, aínda pertence á Seguridade Social, aínda que tivo outros usos nos últimos anos como, por exemplo, o dun museo.

O investimento previsto no executivo local ascende a 40.000 euros, cantidade que xa está consignada nos orzamentos municipais que foron aprobados esta mesma semana.

Con esta adquisición, que as mesmas fontes aseguraron que se fará efectiva unha vez que entre vigor este mes o documento económico, dáse solución a un problema ao que tiñan que facer fronte tanto os traballadores do Concello como a Garda Civil.

Os primeiros buscan, con esta medida, ter máis espazo no edificio para ampliar as oficinas e, ademais, non ter que depender dos horarios de traballo do instituto armado, que obrigan a ter aberta a casa consistorial máis tempo do habitual.

Para a Garda Civil tamén implica unha melloría, xa que pasará a ter unhas dependencias máis amplas, e non como ata agora. Segundo parece o instituto armado conta cunha partida de 60.000 euros para acondicionar o inmoble.

https://www.youtube.com/watch?v=XcXEYHjWUT4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.