O Boiro púxose o mono de traballo e sacou tres puntos moi importantes no enlamado campo da Pedreira, onde os futbolistas de ambos os equipos tiveron serios problemas para manterse en pé. Recital do meta boirista Rodri, que logrou que a afección barbancesa esquecese a ausencia de Reguero. Ganou 4-1
O noia pola su abanda logrou un punto de ouro no inferno dos carris empatando a 0 co barbadás.
O Ribeira tivo a mellor oportunidade para conseguir a primeira vitoria con José Mato o banco. Os celestes gozaron de 60 minutos cun xogador máis, despois de que o árbitro expulsase a un dos defensas do Chantada tras encararse ao colexiado e empuxalo, tal e como comentou o cadrelo a membros do equipo barbancés ao termo do encontro. Pero ao final empataron a un co chantada.
O Puebla volveu atoparse coa mala sorte ante un Milagrosa que, segundo informaron o equipo barbancés, non mereceu quedar cos tres puntos. Os mozos de Iñaki Tembra non claudicaron en ningún momento, pero os paus roubáronlles o empate cando o partido xa estaba no tempo de desconto. Finalmente quedaron 2-3.