martes, octubre 3, 2023

BREAKING

Os recortes afectan ós deportes na comarca

Os recortes afectan a todos os sectores e tamén ó mundo do deporte, claro que a uns máis que a outros. Malia isto os pequenos clubs nos que hai grandes deportistas mantéñense a flote, e mesmo se superan cada día. Esta mañá visitamos o club de remo de Rianxo, que conta con 85 fichas federativas e un equipo senior competindo na liga LGTB. O seu presidente Ramón Vicente deu conta da situación do club e dos méritos dos seus deportistas.
O próximo 6 de marzo compiten os senior en Castro, na liga LGTB, os veteráns acudirán a chapela e os mais noviños do club desprazaranse a Celeiro, unha competición esta última que está no aire precisamente por falta de medios para o desprazamento.

Tamén as instalacións do club notan a baixada económica, a falta de axudas fai mella nelas, precisando arranxos importantes.

Malia isto dende o club dan as grazas a todos os que lle axudan a continuar adiante, e lograr exitos , como o que esperan do equipo senior, que intentan acceder á liga A.

Dende o club de remo rianxeiro apostan por facer unha base sólida da canteira, para que poidan competir a un alto nivel.

https://www.youtube.com/watch?v=x0mU7dfzBnU

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.