O furtivismo continúa impàrable malia ser delito penal

A falta de sentencias firmes da alas ós furtivos que campan ás súas anchas polos bancos marisqueiros da Ría de Arousa. Cada día centos de kilos de bivalvo son extraídos de maneira ilegal, os patróns maiores dan contad esta situación que desborda ás cofradías.

O patrón maior de Rianxo apunta que a lei do furtivismo parece feita para os propios mariñeiros e non para os furtivos, que acumulan sancións sen pagar por elas.

Ante isto pide as administracións que se unan e loiten contra o furtivo e tamén contra os destinatarios do producto roubado, apunta que o seu destino sábese ben cal é, dado que se extraen grandes cantidades de tamaño non comercializable.

O Xefe do pósito rianxeiro pide as administracións que actúen, e os xuíces que resolvan os casos e emitan sentenzas.

Asimesmo da conta da falta de gardacostas para unha zona tan extensa como é a ría de Arousa.

https://www.youtube.com/watch?v=QHHcRmUuJdk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.