Xunta, Goberno central e Fegamp colaborarán para paliar os danos do temporal que afectou a Galicia hai dúas semanas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, reuníronse esta mañá para para abordar os danos ocasionados polo temporal que afectou a Galicia hai dúas semanas.
Na reunión tamén participou a conselleira Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez. Ao remate, o vicepresidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, explicou que o obxectivo da reunión foi “sentarse a falar” e establecer a máxima coordinación e cooperación entre os tren entes: Xunta, Goberno central e Fegamp.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.