Este domingo ás 12.00 horas terá lugar nas inmediacións do porto de Cabo de Cruz de a desputa “XXIV Bandeira de Traíñas do Concello de Boiro”, correspondente á 11º regata puntuable da Liga San Miguel 2014. Pero antes disto, ás 11.30 horas vaise celebrar a IV Regata de Traíñas Feminina. A organización corre a cargo do Clube de Remo Cabo de Cruz e da Asociación de Clubes de Traíñas, e conta co patrocinio do concello de Boiro.
Mario Vidal, o presidente do Clube de Remo de Cabo de Cruz expuxo os aspectos técnicos e aproveitou a ocasión para agradecer o patrocinio da empresa Jealsa rianxeira.
Asegurou ademáis que este ano non vai ser doado conseguir un bo posto pero a ilusión dos remeiros vai ser a que leve as rendas
A regata vaise disputar liña, a catro longos e 5 ciabogas con un percorrido de 5.556m. As quendas nas que participarán cada equipo confeccionaranse segundo os resultados obtidos na regata do día anterior en Moaña.
http://youtu.be/x0p9nenwcd0