No último mes, na Asociación do Pequeno Comercio da Pobra tivemos varias xornadas formativas dirixidas a 40 alumnos e alumnas de comercio e administración dos módulos de formación profesional do María Assumpta de Noia.
Os primeiros alumnos de comercio aproximáronse á realidade dos Centros Comerciais Abertos, para coñecer as súas funcións e, particularmente a traxectoria que mantivo o Deán dende a súa fundación no ano 2000. Tamén recibiron formación técnica no campo do visual merchandising.
Por outra banda, o alumnado de administración, aprenderon a tramitar axudas públicas para empresas, tanto as convocadas directamente pola Comisión Europea como as convocadas polas estruturas intermedias como Grupos de Desenvolvemento Rural ou Grupos de Acción Costeira. Tamén aprenderon a buscar e tramitar axudas da Xunta ou da Administración Local.
Estas actividades formativas forman parte do proxecto de colaboración académica que mantén a Asociación do Pequeno Comercio da Pobra co María Assumpta dende a apertura da Tenda Escola Deán, alá por abril do 2011.
https://www.youtube.com/watch?v=2Qg_EkxJFGs