Icono del sitio CanalBarbanza.com

Feijóo salienta que Galicia iniciará a década Xacobea coa Catedral restaurada, unha das maiores actuacións feita nun patrimonio mundial nos últimos anos

Nesta liña, salientou o impulso que en 2015 experimentou este proceso de conservación, a través dun convenio de colaboración coa Administración xeral do Estado. “Grazas a este financiamento incluíronse 18 actuacións das cales a maior parte estarán rematadas antes de que acabe o ano”, aseverou, referíndose tamén ao convenio asinado pola Xunta neste 2020 para dar continuidade á iniciativa. Feijóo resaltou que a través das distintas fases recuperouse o esplendor das fachadas e acometeuse o complexo reto das cubertas; “e no interior é evidente o resultado dos traballos realizados que recuperaron a luz e as cores que o tempo escurecera”, dixo.

Salir de la versión móvil