O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, comprobou en Outes unha das actuacións que contou con apoio da Xunta dentro da orde de axudas de mellora de infraestruturas turísticas. Concretamente a Xunta financiou con máis de 25.000 a colocación de sinalización turística dos recursos naturais e patrimoniais vinculados ás rutas existentes no concello, unha actuación que contou tamén cunha achega do goberno local e que tivo un custe total de case 39.000 euros.
A Xunta invistiu máis 125.000 euros en axudas para a mellora das infraestruturas turísticas e de embelecemento do camiño de Santiago na comarca do Barbanza

