O Concello de Boiro coloca un corazón vermello nas inmediacións da Praza de Galicia para a recollida solidaria de tapóns. A veciñanza pode depositar nel os tapóns de plástico de botellas, que serán doados a diferentes asociacións benéficas que destinan os fondos recadados cos mesmos a accións e investigación para diferentes causas.