FEIJÓO avanza un investimento de 100 millóns de euros para o sector aeronáutico no aeródromo de rozas”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación, no vindeiro Consello da Xunta, dun investimento de 100 millóns de euros para o sector aeronáutico no aeródromo de Rozas, “a maior aposta industrial —aseverou— que nunca fixo un Goberno da Xunta en Lugo”.

En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara galega, o titular da Xunta garantiu a aposta do Goberno galego por novos sectores industriais e polos sectores produtivos de Galicia. E, neste sentido, lembrou que se seguirá a traballar desde o consenso: “Atopamos consenso no sector da automoción, coas empresas auxiliares e con PSA-Peugeot Citroën para conseguir dous millóns de furgonetas e imos seguir traballando para atopar outros consensos. Atopamos consenso no sector naval galego e hoxe hai 1.800 millóns de euros en pedidos. Atopamos consenso nas TIC e temos un acordo con todas as empresas, tanto multinacionais e galegas. Atopamos consenso no sector do turismo; e imos seguir protexendo o sector da pesca, cunhas vendas de baixura, do cerco e do marisqueo que soben”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.