– A casa da cultura de Lousame acollerá este venres 11 de decembro ás 20:30 horas, a proxección da película “O que arde”, dirixida por Óliver Laxe e que aborda unha problemática ben coñecida no municipio: a desaparición do medio rural a causa dos lumes forestais. Trátase do filme máis taquilleiro e máis visto en galego, cun reparto formado por actores non profesionais e protagonizado por Amador Arias e Benedicta Sánchez, premio Goya á mellor actriz revelación.