Icono del sitio CanalBarbanza.com

A oferta de emprego público da administración xeral para 2020 inclúe 2.567 prazas de acceso libre, un 66% máis que o ano pasado

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto de oferta de emprego público (OEP) da Administración Xeral da Xunta para o ano 2020, que esgota a taxa de reposición marcada polo Estado e inclúe 2.567 prazas de acceso libre, un 66% máis que en 2019. Delas, 1.276 son para a estabilización e consolidación do persoal dos servizos sociais integrados no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Salir de la versión móvil