CONDE salienta a unidade mixta de escurís, rianxeira e anfaco como “Puntal Innovador Para Manter O Liderado Mundial Do Sector Conserveiro Galego”

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe a Unidade Mixta de Investigación que une os esforzos da Xunta con Escurís, Rianxeira e Anfaco como “puntal innovador para manter o liderado mundial do sector conserveiro galego”. Xunto ao presidente de Jealsa, Jesús Alonso, e o secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan Manuel Vieites, Conde presentou o proxecto, que mobiliza un investimento de 2 millóns de euros para innovar cara á fábrica intelixente e para modernizar a produción acuícola do mexillón de batea.
Conde destacou que na Unidade traballan 22 persoas, das que 8 son novos contratados de alta cualificación, sumando no impacto que as Unidades Mixtas están a ter no emprego: os 19 proxectos teñen suposto a creación de 270 empregos. En total, sinalou Conde, a iniciativa da Xunta permitiu xerar investimentos innovadores por 70 millóns de euros, desenvolvendo as capacidades dos centros tecnolóxicos galegos e impulsando a competitividade sectores estratéxicos como a enerxía, a saúde, a automoción, o TIC, o naval ou a alimentación.

https://www.youtube.com/watch?v=2ZVX67bNwUg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.