O delegado territorial da Coruña na Xunta, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o Concello de Muros e mantivo un encontro de traballo coa súa alcaldesa, Inés Monteagudo. Na reunión repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta no municipio e as necesidades derivadas do Covid-19 nos distintos servizos públicos do concello. Ademais, interesouse polas suxerencias achegadas polo rexedor.
