A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten aberto o proceso de licitación para a contratación das obras de reforma e mellora das instalacións aboiantes do porto de Testal, no municipio coruñés de Noia, unha actuación que beneficiará ás máis de 260 embarcacións pesqueiras que utilizan estas instalacións. Así o trasladou esta mañá a titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, nunha visita ao peirao noiés na que estivo acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas.
A reforma de pantaláns e fingers no peirao noiés de Testal beneficiará a máis de 260 embarcacións pesqueiras

