A ALUMNA DE SEGUNDO DE ESO, MARTINA VÁZQUEZ LÓPEZ, GAÑADORA DO PRIMEIRO CONCURSO DE POESÍA URBANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A alumna de segundo de ESO do IES Número 1 Martina Vázquez López, de trece anos, resultou a gañadora do Primeiro Concurso de Poesía Urbana pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero: un dos actos organizados polo Concello de Ribeira no marco da programación do 25-N.

A rapaza foi recibida hoxe polo alcalde Manuel Ruiz e pola concelleira de Igualdade, Ana Ruiz, na Casa do Concello, onde ademais de ser felicitada fíxose entrega do libro electrónico de que consta o premio.A creación gañadora titúlase “El valor de las mujeres”

Salir de la versión móvil