Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Xunta reanudará os exames de oposicións a partir do mes de febreiro

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, anunciou hoxe que a Xunta prevé volver programar exames de oposicións a partir do mes de febreiro. Neste sentido, sinalou que as probas celebraranse seguindo protocolos de actuación que garantan a súa realización con seguridade de acordo cos criterios das autoridades sanitarias e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Salir de la versión móvil