Un reto dun centenar de quilómetros espera aos mellores andariegos de Galicia e España. A soada 100 dúas International Trekkers aterrará na Pobra o próximo 25 de xuño, aínda que os seus organizadores xa aproveitaron para presentala en sociedade.
O concello pobrense acolleu unha multitudinaria rolda de prensa con representantes dos sete municipios polos que pasarán os cen quilómetros da ansiada proba: A Pobra, Ribeira, Boiro, Rianxo, Porto do Son, Noia e Lousame. Tal e como comentaron na presentación, a andaina, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e pola Mancomunidade de Concellos Arousa Norte, ten como obxectivo explotar as grandes paisaxes que esconde a zona barbancesa.
Os interesados poden anotarse para a proba na páxina web 2015.itrekkers.org. Ata finais de febreiro, o custo será de 40 euros, mentres que logo pasará aos 55 euros. O prazo estará aberto ata o sete de xuño.
Unha andaina de 100 quilómetros sairá da POBRA o próximo 25 de xuño
Please login to join discussion