O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou esta mañá as melloras realizadas no parque empresarial de Espiñeira, consistentes na mellora dos accesos e dos viais do parque empresarial e na implantación dun sistema de videovixilancia, mobilizando un total de 600.000 euros. Así, só no último ano destináronse preto de 240.000 euros á mellora do acceso ao polígono e á implantación dun sistema de vixilancia, achegando a Consellería o 80% do custo da actuación.
O director xeral de Enerxía e Minas, estivo acompañado polo alcalde da localidade, Juan José Dieste Ortigueira, que agradeceu a inversión de 240.000 euros nas duas ultimas actuacións.
Pola súa banda director xeral de Enerxía e Minas resaltou a importancia dunha orde que desde o 2009 ten permitido desenvolver na provincia máis dun centenar de proxectos que suman preto de 8,5 millóns en apoios, contribuíndo ao impulso da competitividade do tecido empresarial coruñés, a través deste programa téñense destinado, desde o 2009, preto de medio millón de euros ao impulso de distintas actuacións no polígono de Boiro contribuíndo á mellora da súa competitividade.
Neste contexto, Bernardo Tahoces salientou que está aberta unha nova convocatoria que suma preto de 4 millóns, podendo os concellos interesados presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 22 de febreiro. A liña achega, un ano máis, apoios de ata o 80% do custo subvencionable, cun máximo de 120.000 euros por solicitude. Así mesmo, permítese o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Precisamente o alclade de Boiro apuntou que este ano se vai facer un proxecto de circunvalación para unir as dúas fases do poligono.
O obxectivo, como apuntou o director xeral, e facer accesible aos municipios a posta en marcha de actividades que aumentan a calidade do solo industrial, co obxectivo de mellorar as infraestruturas que se lle ofrecen ás industrias para que se instalen en Galicia xerando riqueza e postos de traballo.