Boiro

A Biblioteca Municipal de Boiro comeza no mes de decembro un club de lectura en inglés

O Concello de Boiro, a través da área de cultura, busca o fomento do hábito da lectura e, para iso, organiza actividades nas bibliotecas tales como contacontos para rapazada ou clubs de lectura para adultos. A Biblioteca Municipal de Boiro vai levar a cabo, a partir do mes de decembro, un club de lectura en inglés.
A actividade está destinada a maiores de 18 anos e vaise levar a cabo na Casa da Cultura de Boiro os luns en horario de 19.00 a 20.00 horas. As inscricións son gratuítas e deben facerse na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981 84 84 10.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.