Se fai un mes non foi posible lograr a unanimidade dos grupos políticos de Porto do Son para pedir a retirada do anteproxecto da lei de acuicultura desta xeira si se deu. Na sesión plenaria relaizada na tarde do xoves houbo unanimidade, unanimidade aplaudida polos veciños que presenciaron a sesión e mesmo participaron dela.
Abriu o PSOE o turno de intervencións destacando que o anteproxecto é moi xenérico polo que se descoñece a intención exacta do mesmo.
Asuncion Torres convida ó PP a explicar o motivo da súa abstención cando se votou unha moción relativa a Dito anteproxecto un mes antes.
Dend eo BNG pidne o ejecutivo local que se implique máis na reivindicación dos veciños.
O rexedor sonense destacou que que unha lei acuícola é necesaria para que se recoñeza o marisqueo no ámbitos europeos, pero que debe ser consensuada co sector.
O Alcalde de Porto do Son rematou a sua intervención afirmando que o concello ten as portas abertas para axudar a todos os veciños. Tralo debate e posterior votación desta moción interviron varios mariñeiros pàra expresar as súas inquedanzas e agradecer o apoio logrado no pleno.