Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora mañá 25 de novembro, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal impulsou unha programación co obxectivo de concienciar sobre a violencia de xénero para sensibilizar, previr e educa-la cidadanía coa finalidade de erradicar unha lacra que afecta toda a sociedade.
A Pobra conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con varias actividades

