A conselleira de Política Social, Fabiola García, amosou a súa desconformidade coa Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico presentada esta mañá ás Comunidade Autónomas na Conferencia Sectorial para o Reto Demográfico. Durante a reunión, a titular do departamento autonómico sinalou que este documento carece de concreción en aspectos fundamentais como poden ser os mecanismos de financiamento.
A Xunta considera insuficiente a Estratexia nacional fronte ao reto demográfico que propón o Goberno central

