O Concello de Boiro, a través da concellería de Política Social e Igualdade, promove unha serie de actividades para a promoción e difusión do Dia contra a Violencia de Xénero. Entre as actividades previstas está unha mesa informativa de AgresiónOFF e a lectura do manifesto que este ano, debido á situación sanitaria, se vai facer a través das redes sociais do Concello para evitar as aglomeracións.
En Negro contra as violencias, para a sensibilización social contra as violencias machistas.