O Convenio De Colaboración Para A Execución Da Depuradora De Ribeira Asinouse Esta Mañá

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou esta mañá o salto cualitativo que dará o saneamento da ría de Arousa grazas ao esforzo que a Xunta de Galicia e o Goberno central están a facer, coa mobilización de 38 millóns de euros para distintas actuacións en materia hidráulica.

Ethel Vázquez e a directora xeral de Augas das Concas de España (Acuaes), Aránzazu Vallejo, asinaron –en presenza do alcalde de Riberia, Manuel Ruiz Rivas, o convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España, SA (AcuaEs), para a execución das obras da depuradora e colectores xerais en Ribeira, que previsiblemente se poderán iniciar en setembro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.